Tabla de Contenidos

Preguntas frecuentes (FAQ’s)

1. Acceso á plataforma SUBTEL

En caso de ter dúbidas sobre o acceso á plataforma Subtel, por favor contacte con Soporte.

1.1 ¿Cómo podo darme de alta na plataforma Subtel?

Actualmente xa non e necesario rexistrarse previamente na plataforma Subtel para realizar solicitudes ou actuacións nela, soamente e preciso identificarse electrónicamente a través da plataforma para identificación electrónica ante as Administracións Públicas Cl@ve. Pode encontrar este acceso na páxina de Acceso a Subtel na opción Usuario de Cl@ve / certificado / DNIe.

No caso de querer actuar en nome dunha entidade, recomendámoslle acceder á plataforma con un certificado de representación. Se desexa empregar un certificado persoal para actuar en nome dunha entidade, terá que acreditar que actúa legalmente no seu nome (representación).

1.2 Actualmente accedo á plataforma mediante un enderezo de correo electrónico. ¿Podo seguir utilizando este método de acceso?

O método de acceso por enderezo de correo electrónico segue vixente, polo que pode seguir accedendo á plataforma con enderezo de correo electrónico. Por motivos de seguridade este acceso envía un código ó enderezo de correo. Subtel pedirá o código enviado antes de poder acceder á plataforma. O método de acceso principal de Subtel é o acceso mediante Cl@ve, certificado ou DNI electrónico polo que é recomendable que utilize este acceso en vez de o acceso mediante correo electrónico.

1.3 Actualmente accedo á plataforma mediante un enderezo de correo electrónico pero quero cambiar o método de acceso para utilizar Cl@ve, certificado ou DNI electrónico. ¿Cales son os pasos que teño que seguir?

Para empezar a utilizar Cl@ve, certificado ou DNI electrónico como método de acceso na plataforma Subtel, simplemente acceda a esta plataforma utilizando o método Cl@ve / certificado / DNIe na páxina inicial de Subtel Acceso Subtel.

1.4 Acabo de acceder á plataforma Subtel mediante Cl@ve, certificado ou DNI electrónico pero no meu listado de solicitudes non aparecen as solicitudes que tramitéi co meu anterior usuario de correo electrónico. ¿Como teño que facer para acceder as miñas solicitudes?

Cando se accede á Plataforma Subtel acreditando a súa identidade electrónica a través de Cl@ve, a plataforma ofrécelle a posibilidade de cambiar o acceso aos expedientes da entidade (se utilizou un certificado de representación) ou persoais (se utilizou unha acreditación de identidade electrónica persoal como Cl@ve PIN, DNI electrónico ou certificado electrónico persoal) co seu identificador electrónico, no caso de autorizar o cambio, quedará deshabilitado, a partir dese momento, o acceso con correo electrónico e contrasinal.

O acceso cun identificador electrónico do tipo Cl@ve PIN non é suficiente, entre outros supostos, para presentar solicitudes ou achegar documentación adicional a expedientes, para estes casos será necesario dispoñer dun certificado electrónico para realizar a firma e presentación da solicitude ou achega de documentación. Se se identificou na plataforma Subte cun identificador electrónico persoal (non cun certificado de representación de entidade) e desexa actuar en nome dunha entidade, deberá realizar unha solicitude de cambio de usuario a través da Sede electrónica da Deputación ou mediante a opción de “Conctactar con Soporte” dispoñible na propia plataforma Subtel achegando, coa solicitude, a documentación acreditativa da representación.

Un vez que pola Deputación se verifíque a lexitimidade da solicitude, procederase a realizar o cambio de acceso e, unha vez que sexa realizado o cambio pola Deputación, a partir dese momento, poderá realizar actuacións na plataforma en nome da entidade co seu identificador electrónico persoal e quedará deshabilitado o acceso con correo electrónico e contrasinal.

1.5 Teño unha conta de acceso mediante enderezo de correo electrónico pero non teño acceso ó correo electrónico polo que non podo consultar o código enviado. ¿Podo solicitar modificar á dirección de correo electrónico para o envío de este código?

Non é posible modificar a dirección de correo electrónico para o envío de este código polo que sería preciso acceder a esta plataforma mediante Cl@ve, certificado ou DNI electrónico e solicitar o acceso ás súas solicitudes presentadas co usuario de enderezo de correo electrónico.

1.6 Teño unha conta de acceso mediante enderezo de correo electrónico pero non podo acceder a Subtel xa que me indica que o meu usuario está deshabilitado. ¿Como podo recuperar o acceso á plataforma Subtel?

Por motivos de seguridade, todas as contas da plataforma Subtel que levan máis de un ano sen acceder se deshabilitan co que xa non será posible este tipo de acceso. Actualmente o principal método de acceso a Subtel é mediante Cl@ve, certificado ou DNI electrónico, polo que sería necesario que accedese mediante este método e solicitar o acceso ás súas solicitudes presentadas co usuario de enderezo de correo electrónico.

Unha vez que, habendo solicitando o cambio de usuario, este fose realizado pola Deputación, verifique que, accedendo co certificado, dispón de acceso a todas as solicitudes ás que accedía cando se identificaba na plataforma co seu usuario de correo electrónico e contrasinal. No caso de que bote en falta algunha solicitude, pode solicitar aclaración mediante a opción de “Contactar con SOPORTE”, existente na plataforma Subtel.

2. Configuración recomendada para a sinatura e presentación de solicitudes

Siga as indicacións da seguinte páxina: SUBTEL: Firma de documentos PDF y presentación de la solicitud

3. ¿Cómo transformar unha plantilla de documento de subtel nun PDF para anexarlo á plataforma?

Siga as instruccións da seguinte páxina: SUBTEL: Cumplimentar una plantilla y pasarla a PDF

4. ¿Cómo asinar dixitalmente un documento PDF?

Utilizando Autofirma: Aplicación de firma electrónica de documentos

5. Requisitos para a presentación de solicitudes

Para a presentación de solicitudes, terá que dispoñer do seguinte:

  1. Un certificado electrónico para a sinatura de documentación e a presentación da solicitude. Pode ser o DNI electrónico ou un certificado software emitido pola Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre ou outro prestador de servicios de certificación.
  2. Un software de edición de documentos en formato odt para cumprimentar as plantillas. Recomendamos LibreOffice
  3. Un software de visualización de documentos en formato PDF. Recomendamos Adobe Reader
  4. e ademáis, seguir as instrucciones da seguinte páxina: SUBTEL: Firma de documentos PDF y presentación de la solicitud

6. Pasos para a presentación dunha solicitude

Para a presentación de solicitudes de subvención, vostede terá que realizar os seguintes pasos:

  1. Acceder a plataforma Subtel identíficándose electrónicamente (Cl@ve PIN, DNI electrónico ou certificado electrónico)
  2. Crear unha solicitude na convocatoria desexada e cumprimentar a información requerida
  3. Adxuntar documentación asinada electrónicamente
  4. Presentar telemáticamente a solicitude (obrigarorio dispor dun certificado electrónico para a firma)

7. ¿Por qué a plataforma SUBTEL non admite a incorporación de documentos asinados electrónicamente con certificados caducados no momento da incorporación, pero que non o estaban no momento da sinatura do documento?