{{tag>}} ====== Solicitude de cursos de formacion ====== As solicitudes deberán presentarse na plataforma Subtel. Para acceder a esta plataforma deberá ter unha conta de correo activa no [[oculto:directorio_publico_local|DIRECTORIO PÚBLICO LOCAL]]. De non tela, solicítea o mais axiña posible na súa entidade a través dos representantes de Administración electrónica ou ben dos interlocutores de formación. A activación das contas no Directorio non é automática e se tarda en solicitala corre o risco de que se lle pase o prazo de matrícula. A oferta de cursos pode consultala nesta páxina web de formación. Premendo o botón de “info”, accederá a toda a información de cada acción formativa. É moi importante que se fixe nos contidos, destinatarios, sedes e calendario/horario de cada curso. Tome nota dos códigos que lle interesan para poder facer a solicitude no Subtel unha vez estea de alta no Directorio público local, xa que non se admitirán solicitudes presentadas en papel coma ata agora. **Instrucións para encher a solicitude de asistencia a cursos enquisa na plataforma de Xestión Telemática Subtel:** 1.- Para entrar en Subtel poña no seu navegador de internet o seguinte enderezo: https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel 2.- Se vostede é un usuario da Deputación, vaia ao enlace de "Usuarios Deputación". Se é un usuario dunha entidade local, vaia ao enlace de "Usuarios entidade local". {{:subtel:solicitud-curso-formacion_20170612-091430.png?600}} 3.- Una vez dentro da plataforma Subtel prema na opción "Lista de solicitudes" no menú “Opción” {{:subtel:solicitud-curso-formacion_20170612-102005.png?600}} 4.- Prema “Nova solicitude” {{:subtel:solicitud-curso-formacion_20170612-102738.png?600}} 5.- A súa dereita prema en “Solicitar” {{:subtel:solicitud-curso-formacion_20170612-102048.png?600}} 6.- Premendo “Modificar” poderá ir enchendo os campos requeridos. {{:subtel:solicitud-curso-formacion_20170612-102909.png?600}} 7.- Faga clic nos botóns de "Gardar" a medida que vaia cubrindo campos de texto. {{:subtel:solicitud-curso-formacion_20170612-103902.png?600}} 8.- Importante: Non prema o botón "Presentar" ata que cubra todos os apartados. Unha vez presentada non se poden facer modificacións. {{:subtel:solicitud-curso-formacion_20170612-102931.png?600}} 9.- Escribimos o noso contrasinal para Asinar e Enviar a solicitude {{:subtel:solicitud-curso-formacion_20170612-104150.png?600}} 10.- Se foi todo ben, veremos a seguinte páxina, indicando que a solicitude foi correctamente enviada: {{:subtel:solicitud-curso-formacion_20170612-104216.png?600}} Lembre que para poder acceder á Plataforma Subtel ten que estar dado de alta no Directorio Público Local. Se non coñece o seu Usuario e Contrasinal, pode solicitalo ao Responsable de Administración Electrónica ou ao interlocutor de formación da súa entidade. Se precisa soporte, pode contactar co CAU da Deputación no 981080555 ou no enderezo [[soporte.cau@dacoruna.gal]]